Tuesday 07 de May de 2024

Festa do Carme en Beán


Este próximo domingo a parroquia de Beán celebrará a súa festa na honra do Carme. Para iso teñen preparado un programa que dará comezo ás 13 horas coa tradicional misa solemne seguida de procesión. A continuación a música tradicional será a protagonista, vindo da man da formación Embruxo de Leira. A sesión vermú e a verbena nocturna correrán a cargo da orquestra Saudade.